1/6/17

CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE

O mércores, 31 de maio, asistimos ao segundo obradoiro do programa Camiña con nós pola igualdade, elaborado e implementado dende a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, dirixido ao alumnado de Educación Infantil e 2º, 4º e 6º de Primaria. A finalidade do programa é fomentar a educación na cultura de igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa para promover a coeducación e previr a violencia de xénero.
Como na outra ocasión, baixamos á biblioteca para atoparnos de novo con Elsa, a monitora que nos guiou durante a actividade. Foi moi interesante o debate que xurdiu arredor dos xoguetes sexistas. Os nenos e nenas expuxeron as súas opinións e cadaquén puido chegar ás súas conclusións. Fixeron un traballo excelente!! MOI BEN!!!
E como broche final recibiron un diploma e unha gorra moi chula!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario