22/4/18

DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2018

O 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor e desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2018. Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor, poeta e editor Fran Alonso, quen xenerosamente cedeu un texto para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas posibilidades e nos efectos da lectura.

20/4/18

SONRISAS POR TIRITAS

A ANPA do noso centro organizou para todo o alumnado unha preciosa exposición de fotografías e unha emotiva charla para dar a coñecer o espléndido traballo que realiza a asociación Berce co seu programa SONRISAS POR TIRITAS. Recoméndovos moi vivamente que visitedes a súa web, onde atoparedes moita información acompañada de preciosas imaxes que recollen todas as súas fantásticas actividades: http://sonrisasportiritas.blogspot.com.es/

CHEGA A PRIMAVERA

Para recibir a primavera, o equipo de terceiro está realizando unhas bonitas flores nas sesións de E. Plástica. Están quedando preciosas!!!

SAÍDAS EDUCATIVAS: NA PERCURA DO TESOURO

A semana pasada os nenos e nenas de terceiro e cuarto de EP fixeron unha saída educativa para asistir ao espectáculo de música e teatro "Na percura do tesouro", dentro do programa de actividades escolares patrocinadas por Afundación. A historia conta como Xurxo axudará a Moura a liberarse das mentiras e os enganos da malvada Serpe para o que terá que descifrar os enigmas e superar as probas para atopar o tesouro, A LINGUA, o auténtico tesouro colectivo; un tesouro que só ten valía se o compartimos e o respectamos.

3/4/18

COMEZA O TERCEIRO TRIMESTRE!!

Despois dunhas merecidas vacacións, comezamos o terceiro trimestre con moita ilusión e moita enerxía. BENVID@S a tod@S!!!

23/3/18

FELICES PASCUAS!!!

Hoxe rematamos o segundo trimestre e o equipo de terceiro estaba desexando que chegaran as vacacións para descansar do traballo e aproveitar para pasalo requetebén. Como actividade final elaboraron unha preciosa tarxeta coa que agasallar aos compañeir@s e demostrar que forman un gran equipo. Despois, cadaquén puido ler as agarimosas mensaxes que recibiron. XENIAL!!!
FELIZ DESCANSO A TOD@S!!!!
Podes ver máis fotos AQUÍ

22/3/18

MEDIDAS DE LONGITUD

SISTEMA MÉTRICO: FICHAS PDF

17/3/18

ANIVERSARIO DE ALINA

ALINA tamén compartiu co equipo de terceiro unha preciosa e riquísima torta de crema e chocolate para celebrar o seu noveno cumpreanos. Estaba boísima!!! Moitas GRAZAS e FELIZ ANIVERSARIO!!!

12/3/18

ANIVERSARIO DE ADRIANA

Co gallo do seu noveno cumpreanos, ADRIANA convidou aos compañeir@s de terceiro a unha riquísima torta de crema e chocolate que encantou a tod@s. Moitas grazas e FELIZ ANIVERSARIO!!!

MOEDAS E HUSOS HORARIOS

Carolina compartiu co equipo de terceiro un globo terráqueo moi chulo que nos achegou moita información sobre os husos horarios e a moeda oficial de calquera país do mundo. ENCANTOUNOS!! Grazas, CAROLINA!!!

5/3/18

MEÑIQUE Y EL ESPEJO MÁGICO

Hoxe comezamos o visionado da longametraxe de animación, Meñique y el espejo mágico. Como xa sabedes, a música é do compositor galego Manuel Riveiro en colaboración co cantante cubano Silvio Rodríguez. Nos próximos días faremos a ficha técnica do filme e traballaremos cos personaxes da historia. Na seguinte ligazón atoparedes moita información:
http://www.ficcion-producciones.com/menique/gl/index.html